Manifesto da Federación Interncional de Traballo Social sobre Gaza
Data: Xullo 22, 2025

A organización internacional que representa a profesión do Traballo Social fai unha declaración sobre a insoportable e inhumana situación na franxa de Gaza. Dende a representación española, o Consello Xeral, invitásenos a sumarnos e tomar posición claramente para que esta ola de humanidade medre e sexa efectiva para deter a barbarie.

O Consello Xeral do Traballo Social  ven de respaldar a declaración pública emitida pola FITS hai uns días, na que expresa a súa solidariedade co Sindicato de Traballadoras e Traballadores Sociais e psicólogos/as de Palestina e coa poboación civil Gaza, vítima dun insoportable sufrimento como consecuencia da  violencia, a fame, a destrución e as migracións forzadas.

APOIO CONSELLO XERAL 

DECLARACIÓN FITS