A nova entrada no Blog do Traballo Social conten as aportacións que a compañeira, Luz Campello García nos fai sobre o voluntariado, e súa xestión en catástrofes. Luz, ten un importante bagaxe no traballo con voluntariado en saúde, dende o CHUAC. Esta experiencia serviulle para coordinar o servizo de voluntariado da Xunta de Galicia durante a catástrofe provocada pola xestión do accidente, e posterior naufraxio, do buque Prestige.
O blog permítenos achegarnos por primeira vez, dende un punto de vista técnico ,a unha das primeiras experiencias en xestión de emerxencias en Galicia.

