Listaxes profesionais 2026
Data: Outubro 13, 2025

¿Queres formar parte das listaxes profesionais do COTSG? Xa formas parte e precisas actualizar os teus datos?

As listaxes profesionais creáronse para:

✅Garantir a calidade e a profesionalización do persoal especializado nos diferentes eidos do Traballo Social.
✅Servir como canle para o contacto entre as persoas colexiadas e entidades, administración e empresas.
✅Favorecer a promoción profesional e laboral das persoas colexiadas, procurando nichos de emprego, fomentando o emprendemento e procurando as canles de apoio en materia de asesoría.

Ábrese a convocatoria para conformar as listaxes profesionais para o ano 2026 ate o día 27 de outubro, incluído.  Este ano Unión Profesional de Galicia amplía a súa guía incluíndo un listado de Expertos/as Independentes. Os e as compoñentes deste listaxe teñen a capacidade de emitir informes antes do inicio do proceso xudicial. isto sucede cando as partes en conflito acordan designar conxuntamente a unha persoa experta neutral con coñecementos especializados na materia obxecto de disputas, para que analice o caso e emita unha opinión non vinculante. Diferenciase do peritaxe xudicial en que a súa intervención prodúcese antes de que se inicie o procedemento. Así os listaxes para o ano 2026 son:

  • Docentes
  • Tribunais
  • Profesionais en Exercicio Libre
  • Mediación. Guía de Unión Profesional de Galicia
  • Expertos/as Independentes. Guía de Unión Profesional de Galicia
  • Peritaxe . Guía de Unión Profesional de Galicia

Se queres coñecer as condicións para pertencer a cada un deles, e ampliar a información podes consultar “Bases Reguladoras das Listaxes Profesionais 2025”. 

As listas elaboradas colgaranse na web do COTSG a partir de que sexan definitivas.

Podes acceder AQUÍ aos formularios de inscrición.