Hoxe, 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde baixo o lema “Xuntos pola saúde. Apoiemos a ciencia”. Coincidindo con esta data, publícase a Lei 3/2026, do 30 de abril, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de Saúde de Galicia.
Esta lei introduce medidas de protección para todos e todas as profesionais que traballan no sistema sanitario fronte a agresións de diversa índole. As traballadoras e traballadores sociais do ámbito da saúde están incluídos nesta nova regulación.
A norma pretende ampliar a protección do conxunto de profesionais do sistema sanitario. Non obstante, o colectivo segue pendente de que a próxima reforma lexislativa consolide o Traballo Social como profesión sanitaria a nivel estatal. Nos últimos anos, esta ten sido unha demanda constante por parte dos profesionais e da estrutura colexial, e podería facerse realidade co cambio normativo que se está a xestar a través do Anteproxecto de Lei de modificación da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
Lémbrase que se pode participar directamente neste proceso enviando alegacións ata o 16 de abril ao seguinte enderezo electrónico: proyectosnormativos-dgorden@sanidad.gob.es, ou ben participando de xeito colectivo na mesa aberta que se celebrará o 9 de abril ás 16:00 horas en formato en liña.

