Lei 15/2021, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Data: Abril 19, 2024

Inclúese mediante esta modificación, a violencia de xénero dixital, no seu apartado h) define:

«h) Violencia de xénero dixital ou violencia en liña contra a muller, que inclúe todo acto ou conduta de violencia de xénero cometido, instigado ou agravado, en parte ou na súa totalidade, polo uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), como Internet, plataformas de redes sociais, sistemas de mensaxaría e correo electrónico ou servizos de xeolocalización, coa finalidade de discriminar, humillar, chantaxear, acosar ou exercer dominio, control ou intromisión sen consentimento na privacidade da vítima; con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella ou análoga de afectividade no presente ou no pasado, ou de parentesco coa vítima.

Igualmente, terán a consideración de actos de violencia dixital contra a muller os exercidos por homes do seu contorno familiar, social, profesional ou académico.

Exceptúanse as ferramentas de control parental que cumpran coa lexislación vixente destinadas á protección e seguridade das persoas menores de idade».

Ademáis fai alusión a realización de actividades dirixidas á comunidade escolar para a prevención de comportamentos e actitudes sexistas e da violencia de xénero, con especial atención á violencia de xénero dixital e máis a colaboración coas plataformas pertinentes para facer máis áxiles os procesos de denuncia e retirada de contidos relacionados con este tipo de violencia.

Podes acceder a modificación de lei ao completo aquí.