Modificación da Lei 11/2007, de 27 de julio, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, para recoñecer como vítimas de violencia de xénero a aquelas mulleres que teñen ou tiveron que padecer homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas e fillos da muller ou de calquera outra persoa estreitamente vencellada a ela, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia.
- Engádese un parágrafo a continuación do artigo 1.2 co seguinte contido:
- «Inclúese dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria,
entendida esta como o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia
exercida sobre as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa
estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte
de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha
relación análoga de afectividade aínda sen convivencia.»
- «Inclúese dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria,
- Modifícase a letra g do Artigo 3:
- « g) O homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre
as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente
unida a ela, coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte de quen
sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade
aínda sen convivencia.»
- « g) O homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre
- A letra b do Artigo 5, queda redactada da seguinte maneira:
- « b) Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das
fillas ou fillos da muller, así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela,
por quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha
relación análoga de afectividade aínda sen convivencia ou calquera outro documento que
acredite a violencia vicaria; así como as demais sentenzas de calquera orde
xurisdicional que declaren que a muller sufriu violencia en calquera das
modalidades definidas nesta lei.»
- « b) Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das
- Ademáis engádese o carácter retroactivo, recoñecendo así os dereitos descritos nesta lei ante feitos ocorridos con anterioridade.
Para consultar esta modificación, podes facer clic aquí