Ao longo dos anos a organización colexial do Traballo Social foi construída por moitas persoas que puxeron o seu esforzo ao servizo dunha causa común a nivel profesional. Facer memoria sobre os distintos momentos da xestión histórica, e coñecer cales foron os obxectivos e os logros clave en cada época, axuda a entender mellor o noso presente. E tamén a fixar no imaxinario profesional as figuras que nos precederon no exercicio e construción do Traballo Social. Unha delas é Julia García Álvarez, que presidiu o COTSG e tamén o Consello Xeral, ademais de ter unha vida profesional diversa e inmersa en distintas épocas do Traballo Social e dos servizos sociais.
Para coñecer un pouco máis podes ler o BLOG

