Investigacións
QuerENDO, mulleres con endometriose
A asociación galega QuerENDO, mulleres con endometriose está facendo unha pescuda entre as mulleres que padecen endometriose en Galiza para saber como está sendo a atención que reciben nas diferentes áreas sanitarias da comunidade. O obxectivo final deste estudo é loitar por melloras no servizo.
Prema para ver o enlace ao cuestionario: https://forms.gle/j9khwjz2gwmZbcue9 é sinxelo e é totalmente anónimo.
ENQUISA SOBRE BENESTAR, AUTOCOIDADO E INTERVENCIÓN SOCIAL
Me llamo Rebeca, soy trabajadora social y quiero lanzar una plataforma especializada en los cuidados para profesionales de la intervención social.
Es por eso que os adjunto este enlace a un cuestionario en el que quiero recoger información sobre cómo estamos y cómo vivimos esto del BIENESTAR en este “mundillo de lo social”:
Encuesta sobre bienestar e intervención social (google.com)
🗒️Si le podéis dedicar 5 minutos, os agradecería que contestéis a las 23 preguntas tipo test del cuestionario y que reenvíes este mensaje a todas las personas que conozcáis del sector.
¿Eres Coordinadora/or de SAF? Axuda nesta investigación!
Uxía Pazos Pérez, Traballadora Social e estudante do máster de Intervencións Sociais e Educativas na Universidade de Barcelona, está levando a cabo o seu Traballo de Fin de Máster onde está investigando as necesidades das/os traballadoras/es sociais que exercen como coordinadoras/es do Servizo de Axuda a Domicilio en Galicia.
Prema no cuestionario para coñecer a opinión das/os traballadoras/es sociais que exercen como coordinadoras/es do Servizo de Axuda a Domicilio sobre as principais necesidades competenciais no desenvolvemento da súa función. LINK AO CUESTIONARIO: https://uxiapazos.limesurvey.net/411511?lang=es
Desta maneira, non só estarás axudando na investigación, senón que tamén estarás achegando luz para propoñer melloras na calidade dun dos moitos servizos que prestamos dentro da nosa profesión.
Por favor, é importante que o cuestionario só sexa cuberto por persoal que exerza funcións de coordinación do SAF.
As respostas toman aproximadamente 15 minutos e toda a información proporcionada será tratada coa máis estrita confidencialidade.
Enquisa para estudar as condicións laborais das/os profesionais do TS na súa contorna laboral
Desde 2018 a Federación, en colaboración coa Universidade de Bath Spa, o Grupo de Interese Especial de Investigación da Forza Laboral da Asociación Europea de Investigación de Traballadores Sociais e outras institucións, estivo traballando para poñer de relevo as realidades das condicións laborais das traballadoras sociais en todo o mundo. As primeiras análises suxiren que as traballadoras sociais a miúdo soportan algunhas das condicións máis difíciles en comparación con profesións. Más información
En outubro de 2023 xa compartimos a enquisa para estudar as condicións laborais dos/as profesionais do Traballo Social e a súa contorna laboral en todo o mundo. Agora infórmannos que se ampliou o prazo de resposta ata o 31 de maio. Animamos a todas as profesionais a participar coa súa experiencia na enquisa. PARTICIPA
Tamén desde a European Social Network, como membro do proxecto Eldicare 2.0 financiado con fondos europeos, que ten como obxectivo apoiar ás profesionais que brindan atención a persoas maiores, mediante o desenvolvemento dunha estratexia sectorial de habilidades a longo prazo. Unha das accións dentro do proxecto é a investigación sobre habilidades dentro do sector de atención a persoas maiores. Por iso, convidan a participar nun cuestionario a aquelas profesionais (de diferentes colectivos) que traballan na a tención e os coidados a longo prazo con persoas maiores. Convidámosvos a encher o seguinte cuestionario AQUÍ ata o 30 de abril
Formulario | Investigación sobre a participación dos pais nos Servizos Sociais
Dende a Universidad de La Laguna e a Universidad de Las Palmas de Gran Canaria solicitan a colaboración da colexiación de Traballo Social para cumplimentar este formulario, contribuíndo a coñecer, dende a perspectiva dos/as profesionais, as razóns polas que os pais (varóns) participan pouco ou non participan nos Servizos Sociais e as ONG.
FOESSA convoca a ‘VII edición do Concurso de Investigación realiza y ensayo’
A Fundación FOESSA convoca a ‘VII edición do Concurso de Investigación realiza y ensayo’. A este premio pode presentarse calquera ensaio ou investigación propia realizada no ámbito das ciencias sociais, que poida contribuir a profundizar na realidade social española, tanto de carácter cualitativo como cuantitativo, baseada en datos primarios, secundarios ou ambos.
Darase prioridade ás investigacións relacionadas coas temáticas incluidas nos catro eixos fundamentais de FOESSA: estrutura social e desigualdade, axentes e actores sociais, dimensión internacional e metáforas que xeran modelo social. Máis información na súa web.
Tese doutoral sobre a formación e competencias dixitais ofrecidas a profesionais do Traballo Social
A investigadora Clara Grech Santi, da Universidade de Vigo, está a realizar a súa tese doutoral na formación e as competencias dixitais ofrecidas a profesionais do Traballo Social en España. No seguinte formulario, as persoas interesadas poden compartir a súa visión sobre este eido.
Estudo sobre os delitos contra a liberdade sexual e boas prácticas para combater a violencia sexual
A Asociación de Mulleres Xuristas, Themis, publica o seguinte estudo: ‘Estudio comparado de la regulación del consentimiento en los delitos contra la libertad e indemnidad sexual. Buenas prácticas y estrategia para combatir la violencia sexual desde la perspectiva de género’. O estudo está dispoñible aquí.
Tese doutoral sobre o autocoidado e o benestar profesional | Cuestionario
Adrián Rodríguez, alumno de doutorado en psicoloxía na Universidad de La Laguna, está a traballar nunha tese doutoral que analiza a percepción dos profesionais do Traballo Social sobre o autocoidado e o benestar profesional. Co obxectivo de traballar nesta investigación, pídese a colaboración de persoas colexiadas neste proxecto, cubrindo este formulario.
Avaliación do autocoidado e do benestar na intervención social | Cuestionario
A Asociación Columbares, en colaboración co Grupo de Investigación de Psicoloxía Social Aplicada (GIPSA) e coa Unidade de Xénero do Servizo de Psicoloxía Aplicada (SEPA) da Universidad de Murcia, impulsa un proxecto para avaliar o autocoidado e os niveis de benestar emocional en profesionais da intervención social e profesionais que traballan con mulleres que sobreviviron á violencia de xénero.
Neste sentido, buscan a colaboración de profesionais do Traballo Social neste tipo de casos, que poden aportar a súa visión cubrindo este cuestionario.