O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), xunto co seu grupo de traballo de Saúde Mental, organiza unha mesa redonda “O papel do Traballo Social no ámbito da Saúde Mental” o vindeiro luns 9 de outubro ás 17.30, véspera do día Mundial da Saúde Mental.
O colexio habilita dende hoxe un novo sistema de inscrición a esta actividade, que terá modalidade online e presencial. Os participantes poderán escoller entre asistir presencialmente á mesa redonda, na sede do COTSG en Santiago de Compostela, ou seguir o evento online en directo. Podes realizar a túa inscrición neste formulario. A inscrición é obrigatoria.
Contarase coa participación de Karina Muñoz Rodríguez, médica especialista en psiquiatría da área sanitaria de Vigo (Hospital Álvaro Cunqueiro); Aroa Álvarez Duarte, enfermeira especialista en psiquiatría da área sanitaria de Vigo e supervisora da Unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro; e Rosabel Rodríguez Ku traballadora social na Asociación Avelaíña Saúde Mental e integrante do Grupo de Traballo de Saúde Mental do COTSG.
As tres poñentes falarán sobre a situación actual no ámbito da saúde mental, o traballo en equipo e a coordinación entre as diferentes profesións, rematando cun debate entre as invitadas e as persoas participantes.