Informe do I Foro de Prevención da violencia contra as persoas menores de idade no ámbito deportivo
Data: Decembro 22, 2024

A Federación de Asociacións para a prevención do maltrato infantil acaba de publicar o Informe de Conclusións e Propostas do “I Foro de prevención da violencia contra as persoas menores de idade no ámbito deportivo” que tivo lugar os días 24 e 25 de febreiro de 2022.

O informe foi realizado sobre a base das achegas e conclusións presentadas no I Foro. O informe é unha síntese, por unha banda, dos contidos abordados sobre as situacións de violencia contra as persoas menores de idade, especialmente no contexto do ámbito deportivo e da actual situación en España e nos países da súa contorna. Doutra banda, recolle as boas prácticas identificadas desde o enfoque dos dereitos da infancia.

Podes consultalo aquí