Informe: Crecer sin papeles en España
Data: Decembro 22, 2024

O número de migrantes en situación irregular e con menos de 19 anos era en España en 2019 de case 147.000 persoas, dividido practicamente a partes iguais entre nenos e nenas. Esta cifra representa unha de cada cinco persoas de nacionalidade extracomunitaria rexistradas no padrón municipal para ese tramo de idade. Así o revela o informe ‘Crecer sen papeis en España’ realizado pola fundación por Causa e Save the Children. As organizacións levaron a cabo un estudo que ofrece unha fotografía actualizada da realidade da infancia migrante que vive en España en situación administrativa irregular.

O informe pon luz ante a invisibilidade que viven nenos, nenas e adolescentes migrantes sen papeis en España, quen ten unha taxa de irregularidade do 20,4%, sendo a do conxunto da poboación migrante de ao redor o 13%.

Así mesmo, o estudo desagrega por franxa de idade a poboación infantil e adolescente migrante sen papeis: 55.327 teñen entre 0 e 4 anos, 28.441 entre 5 e 9, 22.268 entre 10 e 14 e 40.738 entre 15 e 19 anos. O peso destes grupos sobre a poboación migrante total é de 37,7%, 19,4%, 15,2% e 27,8%, respectivamente.

No referido á procedencia, tres de cada catro menores de idade en situación administrativa irregular son de América Latina. Colombia concentra os números absolutos máis altos entre todos os países analizados.

Para acceder ao informe completo preme aquí.