INFORMACIÓN IMPORTANTE DE CARA A CAMPAÑA DA RENTA 2021
Data: Novembro 26, 2024

Con motivo da campaña da RENDA 2021 lembrámosvos que podedes desgravar o pago das vosas cotas colexiais na declaración.

***NON precisades certificado do COTSG ***
***Recordade que como xustificante ante Facenda do pago da cota colexial bastará co extracto bancario que xustifique o pago do mesmo***

Se por algunha razón concreta precisades este certificado, podedes solicitalo ao mail: info@traballosocial.gal  co asunto “Certificado Renda 2021” e os vosos datos de contacto.Debedes introducir o importe satisfeito ao COTSG no exercicio 2021 no Modelo D-100, na súa páxina destinada a ‘Rendementos do Traballo’, dentro do apartado correspondentes a Cotas satisfeitas a Colexios Profesionais.

As cotas colexiais considéranse gastos  deducibles que restan da base impoñible.

As cotas aboadas polas persoas físicas aos Colexios Profesionais son consideradas pola normativa tributaria como gastos deducibles.

O artigo 19 da Lei IRPF indica os seguintes requisitos:

  • Cotas satisfeitas aos Colexios Profesionais.
  • Que a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo.   
  • Cun límite de 500,00 € anuais.   


Artigo 19 Rendemento neto do traballo

2. Terán a consideración de gastos  deducibles exclusivamente os seguintes:

d) As cotas satisfeitas a sindicatos e colexios profesionais, cando a colexiación teña carácter obrigatorio, na parte que corresponda aos fins esenciais destas institucións, e co límite que regulamentariamente se estableza.

Nesta ligazón, poderás saber de que maneira incluír a cota na declaración da renda: https://youtu.be/OnYxj3gJdZI