Vense de publicar a Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de Xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Esta modificación inclue o recoñecemento como vítimas de violencia de xénero aquelas mulleres que teñen ou tiveron que padecer homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas e fillos da muller ou calquera outra persoa estretamente unida a ela, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe, ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia, ampliando, en consecuencia, o concepto de violencia de xénero no artigo 1 da lei, así como o recoñecendo explicitamente a violencia vicaria como una forma de violencia de xénero, recolléndoa como tal no artigo 3 da lei. Sinalar ademáis o seu caracter retroactivo, recoñecendo os dereitos que regula esta lei a situacións ocorridas con anterioridade á aprobación desta modificación.
As modificacións son as seguintes:
1. Engádese un novo parráfo a continuación do artigo 1.2 co seguinte contido:
«Inclúese dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria, entendida esta como o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de lle causar maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia»
2. A letra g) do artigo 3 queda redactada da seguinte maneira:
«g) O homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de lle causar maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia»
3. A letra b) do artigo 5 queda redactada da seguinte maneira:
«b) Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das fillas ou fillos
da muller, así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela, por quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia ou calquera outro documento que acredite a violencia vicaria; así como as demais sentenzas de calquera orde xurisdicional que declaren que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei».
Acceso a normativa completa aquí