III ESCOLA DE VERÁN ¿Xa inscrita/o?
Data: Maio 21, 2024

Chega a III Edición da Escola de Verán 2024 organizada polo Consello Xeral do Traballo Social en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Este ano, a nosa escola celebrarase os días 21, 22 e 23 de xuño en Carballiño (Ourense) nunha contorna privilexiada coñecida pola súa beleza natural e a súa rica historia e cultura.

Baixo o lema “As Artes para Cuid-Arte”, queremos reflexionar sobre a importancia de coidar desde a nosa intervención e coidarnos como profesionais do traballo social.

As artes, na súa diversidade de formas e expresións, son un poderoso vehículo de transformación social que xera espazos de coidados, reflexión, aprendizaxe e promoción de sociedades máis sanas, equitativas, sostibles e reflexivas.

As artes conéctannos coa esencia do traballo social e cos vínculos das relacións humanas. Lémbrannos que o coidado non é só un acto individual, senón que está conectado coas demais persoas, coa comunidade e coa contorna no que vivimos e intervimos como profesionais. Ademais, as artes convídannos a explorar e recoñecer a diversidade de perspectivas, promovendo a inclusión e o respecto mutuo para enriquecer o traballo colectivo e fortalecer lazos de confianza.

Nesta III Escola de Verán vinculamos a arte co traballo social e os coidados, abrindo un espazo para explorar como converxen para promover o benestar individual e colectivo, así como para reflexionar sobre o traballo social que desexamos e sobre a importancia dos auto/coidados nas nosas intervencións como profesionais.

O contido científico da III Escola de Verán será impartido en forma de talleres participativos, en pequenos grupos. Non haberá exposicións maxistrais unidireccionales, excepto a presentación inicial e as conclusións.

O encontro virará ao redor de tres eixos fundamentais:

– Reflexión e auto/coidado a través das artes.
– Coidado das relacións, participación e transformación social a través das artes.
– Coidado das contornas, xustiza ecosocial e feminismos a través das artes.

Manteremos o espírito das dúas primeiras edicións da Escola de Verán. O seu aceno de identidade son as relacións persoais, de proximidade, de recoñecemento, de afecto, de análise e reflexión para seguir crecendo como persoas e como profesionais. Farémolo a través de talleres e dinámicas vivenciais, nunha contorna amable, na natureza, sen
présas, e con moitos espazos para dialogar, para compartir, para atoparnos, soñar xuntas, crecer e compartir.

Faremos unha excursión para facer un roteiro en Catamarán e contaremos con outros espazos de diversión, relaxación e outras actividades sorpresa.

O coidado da contorna, a xustiza ecosocial e os feminismos son eixos transversais que nos acompañarán durante toda a Escola de Verán.

Non te perdas esta oportunidade única para reflexionar sobre a importancia do autocuidado e adquirir ferramentas e estratexias para coidarnos como profesionais en conexión directa coa profesión e a natureza. ESPERÁMOTE.

PREZO: 250€ / 300€ (non colexiados/as)

O prezo do curso inclúe: Asistencia á escola + Aloxamento en habitacións compartidas os días 21 e 22 + Almorzos, comidas e ceas + Autobuses Ourense ou Santiago – Carballiño + Roteiro en Catamarán + Celebración da noite Pre San Juan e moitas máis sorpresas.

Descarga o  PROGRAMA

INSCRÍBETE!