III Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social 2026/29
Data: Marzo 4, 2026

O día 27 de febreiro o BOE publica o III Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social. Entrou en vigor o día da publicación e terá vigor ate o 31 de decembro de 2029, aínda que ten  efectos económicos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2026.

O ámbito de aplicación funcional, que delimita as actividades, e polo tanto as empresas e contratos, que estan encadadrados dentro del, é moi amplo, pero esta limitada pola existencia de outros convenios que comparten o sector, como son:

  • Convenio Estatal de Reforma Juvenil y Protección de Menores.
  • Convenio Estatal/ Marco de Ocio Educativo y ASC.
  • Convenio Marco Estatal de Servicios de Atención a las Personas Dependientes y Desarrollo de la Promoción de la Autonomía Personal.
  • Convenio Colectivo do Servizo de Axuda no Fogar en Galicia

Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste Convenio as actividades suxeitas a dereito público ou prestadas a través dunha entidade na que o propietario único ou principal sexa unha administración pública.

Por todo isto, o convenio dedícalle un amplo artigo, o número 7, e, o máis amplo, ANEXO I, a definir polo miúdo o ámbito funcional de aplicación do mesmo.

Por outra banda, hai empresas que teñen convenios propios que teñen prioridade de aplicación fronte a ese que ten ámbito estatal.

As táboas salariais están no ANEXO 2, tendo en conta que, de xeito orientativo, o noso nivel de titulación e funcións sitúanos no Grupo profesional 1.

Datos destacados do Convenio:

SUBIDA SALARIAL
Consolidase unha revalorización acumulada durante a vixencia do convenio:
15,84 % para los grupos profesionais 1, 2 y 3 e 16.43 % para o grupo 4

REDUCCIÓN DE XORNADA
A xornada máxima anual será de 1.695 horas, rebaixándose ano a ano de xeito progresivo ate chegar ás 32.50 horas semanais.

 REFORZO DO CONVENIO ESTATAL
O convenio consolidase como  o marco sectorial estatal, sendo o mínimo obrigatorio.
Estabilidade, a cláusula de subrogación, garante o mantemento do emprego ante os cambios de adxudicatario.
A aplicación directa ás entidades sen convenio propio.

 GARANTÍAS E CONTROL
Regulación avanzada do uso de Intelixencia Artificial e xestión algorítmica, declarada actividade de alto risco no sector.
Protección de condicións máis beneficiosas e regulación da garantía dos complementos persoais.

Se tendes algunha dúbida sobre estas cuesitóns podedes dirixirvos a info@traballosocial.gal

Acceso ao texto do Convenio