I Xornadas de Traballo Social educativo: A PEZA QUE FALTA
Data: Decembro 26, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, en colaboración co grupo de traballo de educación da entidade, pon en marcha as I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO o pasado 27 de abril, no edificio CERSIA en Santiago de Compostela.

Nestas Xornadas reunímonos para debater sobre un tema de vital importancia: o papel do Traballo social no eido educativo.

Atopámonos fronte a un desafío apremiante: construír un sistema educativo inclusivo, equitativo e de calidade que responda as necesidades e realidades da nosa sociedade galega. Neste contexto, o traballo social emerxe como unha peza fundamental que complementa e fortalece as accións educativas, contribuíndo á promoción do benestar e o desenvolvemento integral de todas as persoas.

Durante as xornadas, contamos coa participación de destacadas profesionais quen compartiron as súas experiencias, reflexións e propostas para avanzar cara a un sistema educativo máis xusto e solidario. As relatoras abordaron temas cruciais como a situación social no sistema educativo galego, a experiencia e práctica profesional no ámbito educativo, así como reflexións e conclusións que nos convidarán a seguir traballando xuntas na construción dunha sociedade máis inclusiva e equitativa.