I Concurso de Fotografía “Solidariedade interxeracional: apoios e coidados para a mellora da calidade de vida”
Data: Decembro 10, 2024

A Cátedra Cruz Roja USC organiza o I concurso de fotografía “Solidariedade interxeracional: apoios e coidados para a mellora da calidade de vida”. O certame vai dirixido a calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria (PAS, PDI, estudantes) das 3 universidades públicas de Galicia. Establécense 2 premios, un primeiro premio de 600€ e diploma acreditativo, e un segundo premio de 400€ e diploma acreditativo.

O prazo de presentación de solicitudes pecharase o 31 de xullo de 2023.