O Consejo General de Trabajo Social, xunto ao Colegio Oficial de Trabajo Social de Madrid, publicou recentemente a guía “Conductas Violentas en el trabajo: agresiones a profesionales de Trabajo Social de Madrid”.
A guía explica que é unha agresión e identifica as máis habituais dirixidas a traballadoras sociais. Tamén abrangue que niveis de actuación existen e os tipos de resposta penal, laboral e profesional. O documento supón unha base para acompañar ás profesionais que lamentablemente sexan vítimas dalgunha agresión no seu traballo.
Podes consultar a guía nesta ligazón. Parabéns compañeiras por esta publicación!