Nace co obxectivo de asesorar ao COTSG en canto ás políticas públicas de protección da familia e da infancia. Analiza as eivas do Sistema de Protección de menores e reclama a mellora do mesmo en canto a ratios, cobertura de prazas, clarificación de funcións, especialización dos/as profesionais…etc.
Integrantes do Grupo
Paula Blanco
Rosario Capelo
Elena Gómez
Andrés Hernández
Palmira Noya
Marta Pintos
Emma Seoane (Coordinadora)
Material do Grupo
1. Ausencia
A Comisión de Infancia e Familia do COTSG vén constatando repetidamente importantes carencias no sistema de protección da infancia en Galicia. É por iso que elaborou un decálogo onde sintetiza as principais eivas.
👉 A ausencia dunha política clara de protección á infancia tradúcese na inexistencia de políticas favorecedoras a participación real do menor e de defensa dos seus intereses. Fallan aspectos básicos en ámbitos como a saúde ou o educativo.
👉 Falta unha política pública orientada ao cumprimento de dereitos da infancia e adolescencia.
👉 Unha política necesariamente transversal e integral.
👉 Capaz de incorporar na axenda pública plans específicos de políticas da infancia con avaliación rigorosa dos resultados obtidos.
2. Déficits
👉 Nesta ocasión, denunciamos os graves déficits na política social, caracterizada pola ausencia de procedementos, planificación e coordinación nos distintos niveis de intervención.
👉 Debería existir unha autentica coordinación entre as distintas administracións, aberta, apropiada e cooperativa, dende as intervencións de prevención, as de risco e neglixencia, nas que todas aporten as funcións que lle son competentes. Existe deescordinación entre os distintos niveis de atención comunitaria básica e específica e especializada, así como outros sistemas de protección social.
👉 Rexístrase unha duplicidade de atencións, nesgo nas intervencións e insuficiente enfoque interdisciplinar e transversal.
👉 Os procedementos deben ser sinxelos, non burocratizados, nos que reine a humanización das persoas usuarias coas que se traballa dende o Traballo Social. Espazos, profesionais e intervencións que non acaben producindo o maltrato institucional o victimizacións secundarias.
👉 Débese pór fin ao criterio reinante de favorecer solucións para as dificultades e disputas dos adultos, nos conflitos nos que o neno se ve gravemente afectado. Arbítranse os conflitos de adultos no canto de protexer a menores e adolescentes.
👉 As intervencións deben ter obxectivos claros e prefixados que se ben poidan flexibilizarse, deben ser coherentes e afíns ante situacións similares dos profesionais e que non varíen, dependo do profesional ou equipo.
3. Prevención
👉 As atencións adoitan ser puntuais e emerxentes, sen unha política de prevención duradoira.
👉 É preciso deixar atrás criterios obsoletos, non baseados en criterios científicos. Cómpre que estan analizados na praxe profesional por profesionais recoñecidas do #traballosocial.
👉 Cómpre atopar medidas preventivas ante as problemáticas que están a xurdir cos novos modelos de familias.
👉 A intervención orientada na contorna comunitaria evita institucionalizacións e o deterioro da rede de apoio.
👉 Urxe considerar o potencial dos servizos comunitarios básicos, creando equipos específicos de carácter multidisciplinar para traballar con infancia-adolescencia e familia, nas primeiras deteccións promovendo o mantemento no entorno familiar.
👉 Cómpren equipos estables e especializados na administración autonómica con un perfil técnico competente e acorde as situacións que pasen o nivel máis complexo co preventivo, ante situacións de neglixencia, abandono ou medidas de distanciamento familiar.
4. Infradotación
👉 Para o COTSG, é importante que as e os profesionais do ámbito da infancia e familia conten cunha formación especializada e ratios realistas ante un traballo complexo, que atende aos novos sistemas familiares.
👉 Urxe tamén crear e traballar en manuais de boas prácticas con familia e infancia, que establezan contextos e marcos de boas prácticas, así como comités de ética que supervisen as actuación neste eido.
👉 Débense destacar as habilidades das e dos profesionais do sector, así como as súas cualidades, sempre repectando a súa impronta persoal e sen perder de vista os obxectivos compartidos polo equipo para tomar a mellor decisión cara ao menor e a familia no marco da intervención social.
👉 Os espazos de atención á infancia deben ser axeitados para unha intervención acorde ás súas necesidades.
5. Desprevención
👉 A prevención nos casos de infancia e familia deben ter resposta nos servicios comunitarios básicos-entrada- e nos específicos a través de equipos interdisciplinarios, que traballen a prevención e as situacións de risco.
👉 E neste ámbito onde deberían atoparse o máximo das intervencións axeitadas para os/as menores, adolescentes e familias, sendo os que se elevan o sistema de protección os casos máis graves, recoñecidos con situación de desamparo, tras ser imposibles outras alternativas propias do primeiro nivel. 🛑
👉 Dotar de equipos e recursos neste senso supón unha mellor atención a infancia e familia, así como que os casos que chegan o sistema de protección necesiten de atencións e intervencións especializadas e medidas mais severas pola situación valorada. 🔎
6. Inexistencia
👉 Se ben existen manuais e guías, protocolos e formatos, a maioría deles non se utilizan ou son pouco precisos e executivos. 📚
👉 Cómpre actualizar protocolos de denuncia, notificación e derivación. Os criterios deben ser uniformes, recoñecidos polos profesionais de todos os niveis (social, xudicial, educativo, policial…) e contar cun formato sinxelo de derivación. 📖
👉 E urxe que, fóra da impronta persoal que cada profesional poida ter, eses criterios sexan irrefutables á hora de tomar as decisións que deben acordarse no equipo e non a nivel individual. 👩👱👩🦰
7. Non participación
👉 E imposible facer políticas, campañas, intervencións, accións comunitarias, sen ter en conta a presencia dos seus protagonistas principais. 👦🧒
👉Temos que aprender a escoitar os/a menores e adolescentes que atendemos dende un prisma máis limpo de todas as aprendizaxes que nos dá a experiencia. 🗣
👉 Cada caso e único e diferente por moito que teñamos que enmarcalo dentro dun marco legal, nunha casuística de recursos e nun contexto institucional. 🔎
👉 Buscamos o Interese Superior do/a Menor, e isto non se logra sen telo/a en conta, en toda e cada unha das decisións que lle afectan. ☝️
8. Externalización
👉 Neste oitavo punto do Decálogo, detectamos un proceso habitual de externalización dos servizos públicos, incumprindo deste xeito as competencias en protección pública e dificultando o traballo de enfoque común e coordinado. 🔎
👉 A administración publica ten a obriga de ocuparse das situacións de protección dos menores e adolescentes. 🏫
👉 É a súa responsabilidade, polo que dende os servicios comunitarios, no nivel máis básico, e dende os equipos de protección/servizos especializados, a un nivel máis especializado, debe darse resposta as situación que vaian xurdindo. 🤝
👉 O apoio por parte de asociacións, ONGs, entidades do terceiro sector é recoñecida e valorada, como apoio a situación existentes e ante a imposibilidade, de poder chegar sempre a todo. Pero debería ser situacións puntuais, e non o alto porcentaxe de casos que se derivan os equipos externalizados que están facer a labor dos equipos especializados por non ter medios suficientes, sen entrar nas condicións e función que asumen estos/as profesionais. 👥
9. Alarmante
👉 Cómpre sinalar o alarmante estado de servizos e equipamentos, caso dos centros de protección ou reforma. 🛑
👉 Trabállase dende as urxencias e non dende a prevención e o seguimento, o que leva a tomar decisións inmediatas, con pouco tempo de reflexión ou cun tempo de avaliación. 🏃
👉 Ante situacións cronificadas nas que os/as menores e adolescentes xa pasaron por múltiples recursos a intervención volvese máis complexa polo proceso persoal, psicolóxico, familiar e social que ten interiorizado o/a menor, adolescentes obxecto da intervención. 🧩
👉 A identificación do trauma complexo nos/nas menores e adolescentes cos que se traballa e que levan máis de dous anos no sistemas de protección débese valorar e ter en conta, por que de ser detectada debe traballarse terapéuticamente en coordinación co servicio de protección e as persoas que ostente a garda do menor. 👥
👉 As instalacións son en moitas ocasións desaxeitada para intervencións con menores e adolescentes. Isto súmase ás intervención rápidas, ante a urxencia, quedando descoidada a intervención efectiva e idónea co/a menor e adolescente. 🤝
👉 Os profesionais do traballo social vimos denunciando a importancia de evitar duplicidade de entrevistas ante unha situación xa recoñecida e valorada para evitar a victimización secundaria e o maltrato institucional. 👎
10. Inacción
👉 É precisa a rotación dos equipos ante a desmotivación para que non se produza o síndrome do queimado no profesional e ofrecer intervencións de calidade. ⭕
👉 Non se deben normalizar situacións de desprotección porque temos visto “cousas peores”. Non é unha forma de intervención mínima é unha irresponsabilidade cara o interese superior do menor. 🔎
👉 Existe un alto volume de contratos temporais, descontinuidade dos equipos, equipos pouco coidados. Todo isto desenvolve un traballo pouco efectivo e causa inacción para casos que precisan de profesionais de referencia máis a medio -longo prazo. 👥