Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e os grupos de traballo de ámbito sanitario e saúde mental detectamos a necesidade de realizar unha formación práctica para aquelas persoas que estean nas listas de agarda do SERGAS. O obxectivo de esta formación será aprender a manexar os aplicativos informáticos e cuestións principais do día a día do Traballo Social en Hospital e Atención Primaria. Para iso vamos a desenvolver unha primeira formación no Hospital Provincial de Pontevedra o vindeiro luns 26 de maio de 9:00 horas a 19:00 horas.
O desenvolvemento da sesión será da seguinte forma:
- 9:00-10:30 Introducción (Antonio Doval)
- 10:30-11:00 Pausa café
- 11:00-14:00 Aplicacións na Atención Hospitalaria (Antonio Doval)
- 14:00-16:00 Comida
- 16:00-19:00 Aplicacións na Atención Primaria (Milagros Núñez)
A formación será totalmente gratuíta e os requisitos para poder acceder á formación son:
- Estar colexiada/o e estar ao corrente de pago das cotas do COTSG.
- Non ter traballado no SERGAS.
- Estar nas listas de agarda do SERGAS.
- Preferentemente estar inscrita na Área sanitaria de Pontevedra e Salnés.
Hai un total de 16 prazas e poderás enviar a túa solicitude a info@traballosocial.gal ata o vindeiro mércores 21 de maio ás 23:59 horas. As inscricións realizaranse por orde de chegada e cumprindo os requisitos solicitados.