Escrito enviado ao Instituto de Vivenda e Solo
Data: Novembro 25, 2024

Presentado ao Instituto de Vivenda e solo un escrito co seguinte contido:

  • Logo de ter recibido numerosas queixas e reclamacións efectuadas por profesionais do Traballo Social relativas ao desenvolvemento práctico do Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro para persoas mozas e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, dende colexio tomamos acción,  xa que se observa que na práctica estase derivando de xeito incorrecto aos Servizos Sociais Comunitarios a tramitación destas axudas o que implica un notable incremento no volume de traballo que está a prexudicar considerablemente a este servizo público.
  • Lembrar, neste sentido, que a figura do Traballo Social nace co obxecto final de acompañar as persoas que sofren algún tipo de vulnerabilidade e, en ningún caso, como mera profesión tramitadora de recursos, que neste caso tampouco son propios do Sistema de Servizos Sociais.