Escrito a Función Pública solicitando información sobre a actualización dos méritos do procedemento selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/21
Data: Abril 19, 2024

Ante as numerosas queixas, reclamacións e cuestións recibidas ante este Colexio Profesional por parte das persoas colexiadas relativas aos diferentes procedementos de selección convocados por esta Administración Pública que teñen afectación directa na categoría profesional Traballo Social, solicitamos que por parte da Dirección Xeral de Función Pública sexa remitida coa máxima celeridade posible, a seguinte información:

  • Que se proceda á aclaración de se as notas obtidas nas probas superadas da fase de oposición do procedemento selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante Resolución do 22 de decembro de 2022, se utilizarán para actualizar o baremo aplicable para a elaboración das listaxes para a cobertura de postos reservados ao persoal funcionario e ao persoal laboral.
  • Que se remita toda a información relativa ao estado actual, previsión de resolución e finalización do Proceso Selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de Técnicos Facultativos de Servizos Sociais, especialidade Traballo Social convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019.