Escoitamos as túas propostas de candidaturas aos premios da Unión Profesional de Galicia 2023
Data: Xullo 17, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia anima ás persoas colexiadas a propoñer candidaturas para os premios e distincións da Unión Profesional de Galicia 2023. A convocatoria busca premiar a profesionais que fosen exemplares no exercicio da súa profesión, que velasen pola excelencia na prestación de servizos á sociedade, que destacasen pola súa contribución ao prestixio da súa profesión e que traballasen para transmitir á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais por encima de intereses particulares. 

As persoas interesadas poden propoñer candidaturas ata o vindeiro venres 24 de marzo. Prégase que as propostas estean fundamentadas e xustificadas baixo a seguinte premisa:   

Profesionais que fosen exemplares no exercicio da súa profesión, que velasen pola excelencia na prestación de servizos á sociedade, que destacasen pola súa contribución ao prestixio da súa profesión e que traballasen para transmitir á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais por encima de intereses particulares . 

As propostas enviaranse por e-mail a: info@traballosocial.gal