Entrevista a Rosario Capelo
Data: Agosto 31, 2026

Dar a unha crianza en adopción é unha das decisións máis difíciles que pode afrontar unha nai. En Ourense, 19 recén nacidos foron dados en adopción por esta vía durante a última década, dous deles o pasado ano.

Para afondar nesta realidade, a nosa presidenta no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Rosario Capelo, analiza para a prensa como se desenvolve este proceso:

-Detrás destas decisións non hai unha falta de recursos económicos puntual, senón contextos de grave vulnerabilidade social, illamento ou falta de redes de apoio.

-O traballo social sanitario orienta e informa sobre os prazos e opcións antes do parto para evitar decisións precipitadas.

-Trala manifestación inicial da nai, ábrese un período mínimo de 6 semanas co bebé en acollemento temporal. Este tempo permítelle reflexionar, traballar a decisión con apoio profesional, manter o vínculo co bebé e, se o desexa, rexeitar a adopción.

O Traballo Social resulta clave neste acompañamento, garantindo en todo momento os dereitos e a protección tanto do menor como da nai.

Le a entrevista completa para coñecer máis sobre o proceso. https://www.laregion.es/provincia/veintena-bebes-entregados-nacer-ourense_1_20260830-4396343.html