Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia imos poñer en marcha unha enquisa dirixida ás traballadoras sociais que desenvolven a súa labor en residencias. O obxectivo é coñecer de primeira man a súa situación profesional, as condicións de traballo e as principais dificultades coas que se atopan no exercicio diario da súa profesión. A información recompilada permitirá analizar a realidade do sector e servir de base para futuras accións de mellora, defensa profesional e visibilización do traballo social no ámbito residencial.
Podes acceder á enquisa no formulario

