Desde 2018 a e outras institucións, estivo traballando para poñer de relevo as realidades das condicións laborais das traballadoras sociais en todo o mundo. As primeiras análises suxiren que as traballadoras sociais a miúdo soportan algunhas das condicións máis difíciles en comparación con profesións. Más información
En outubro de 2023 xa compartimos a enquisa para estudar as condicións laborais dos/as profesionais do Traballo Social e a súa contorna laboral en todo o mundo. Agora infórmannos que se ampliou o prazo de resposta ata o 31 de maio. Animamos a todas as profesionais a participar coa súa experiencia na enquisa. PARTICIPA
Tamén desde a European Social Network, como membro do proxecto Eldicare 2.0 financiado con fondos europeos, que ten como obxectivo apoiar ás profesionais que brindan atención a persoas maiores, mediante o desenvolvemento dunha estratexia sectorial de habilidades a longo prazo. Unha das accións dentro do proxecto é a investigación sobre habilidades dentro do sector de atención a persoas maiores. Por iso, convidan a participar nun cuestionario a aquelas profesionais (de diferentes colectivos) que traballan na a tención e os coidados a longo prazo con persoas maiores. Convidámosvos a encher o seguinte cuestionario AQUÍ ata o 30 de abril