Enquisa para elaborar o Libro Branco das Profesions dos Servizos Sociais.
Data: Xullo 18, 2025

A Secretaría de Estado de Dereitos Sociais esta elaborando o Libro Blanco de las Profesiones de los Servicios Sociales, estando o  Consejo General del Trabajo Social  colaborando nesta cuestión especialmente necesaria para a ordenación da nosa profesión dentro do sistema.

Este proxecto enmarcase na Estratexia estatal para un novo modelo de coidados na comunidade (2004/30) e ten como obxectivo realizar un diagnóstico rigoroso e participativo sobre a situación actual dos e das profesionais do ámbito dos coidados e dos servizos sociais, recollendo a súa experiencia, retos e propostas.

 

A enquisa axunta a esta nova aborda cuestións de grande importancia como son:

  • Condicións laborais
  • Funcións profesionais
  • Implantación e requirimentos dos modelos centrados na persoa
  • Necesidades formativas
  • Experiencias prácticas, percepcións e actitudes

A consulta é anónima e confidencial, non se piden datos persoais, e o sistema esta pensado ara que non se poida vincular a túa identidade coas respostas, garantindo a seguridade da túa participación.

​A duración estimada da enquisa é de 20 minutos, podendo detela en calquera momento, e esta dirixida a persoas que traballan nos servizos sociais por conta propia ou allea no sector público ou privada, lucrativo ou non.

ENLACE ENQUISA