Dende a Comisión Técnica de Centros de Atención a Persoas Adultas do COTSG estamos a recoller información sobre a situación das traballadoras sociais que desenvolven, ou desenvolveron, a súa actividade profesional nestes centros. Queremos coñecer de primeira man as vosas experiencias: funcións, tempo dispoñible para a intervención social, dificultades, condicións de exercicio profesional e recoñecemento do papel do traballo social.
- Se es traballadora social e traballas actualmente neste ámbito, ou traballaches nel e deixaches de facelo pola situación do sector, tamén nos interesa moito coñecer a túa experiencia.
- A enquisa é totalmente anónima e require poucos minutos.
A información recollida será fundamental para documentar a situación profesional e trasladar as necesidades e demandas do colectivo ás administracións e aos seus representantes públicos. A túa experiencia é importante.
Axúdanos a coñecer, visibilizar e mellorar a realidade do Traballo Socila nestes centros.
Podes ver a enquisa e toda a información da Comisión técnica no seguinte enlace https://traballosocial.gal/comisions-tecnicas/

