Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia estase a desenvolver unha análise sobre a realidade da coordinación entre os servizos sociais comunitarios e os centros educativos, no contexto da implantación da figura do/da coordinador/a de benestar e protección.
Nos últimos tempos, a Confederación de Anpas Galegas ten trasladado preocupacións relacionadas coa falta de claridade na implantación desta figura, así como coa escasa dispoñibilidade de datos e información por parte da administración educativa. Neste marco, considérase fundamental coñecer a realidade dende o ámbito dos servizos sociais comunitarios, como axentes clave na atención á infancia, adolescencia e familias.
O obxectivo desta enquisa é recompilar información sobre:
- O volume de casos procedentes dos centros educativos atendidos polos servizos sociais
- A tipoloxía das situacións abordadas
- Os mecanismos de coordinación existentes
- A valoración da implantación da figura do/da coordinador/a de benestar
A información recollida será tratada de maneira confidencial, e servirá para elaborar un informe que contribúa á mellora das políticas públicas e da coordinación interinstitucional.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Podes facer a enquisa a través deste formulario https://docs.google.com/forms/d/1CWNLvho_eOLAunYeZ8fOvOLNP34ZKQNVrvjvPlZ2cfM/edit

