Encontro de Áreas Técnicas en Madrid – COLLEGIUM
Data: Xullo 16, 2024

Esta fin de semana celebrouse o IV encontro de áreas técnicas organizado polo Consello Xeral. Esta formación enmárcase dentro do espazo “Collegium”, onde o o persoal técnico dos colexios profesionais comparten un espazo cheo de coñecementos para conseguir e garantir a máxima calidade na atención ás persoas colexiadas.

Neste evento, ademais de render homenaxe ao noso responsable de Administración, Aquilino Santiago, por máis de 25 anos dedicados a este colexio profesional (noraboa!), tratáronse temas cruciais como estratexias de participación, ferramentas de autocoidado, e proxectos innovadores nos colexios profesionais.