Emprego
Nesta sección compartimos ofertas de emprego e convocatorias para Traballadores/as sociais colexiados/as, publicitadas e/ou achegadas directamente ao COTSG por diversas entidades públicas e privadas, e terán o seguinte tratamento:
- As ofertas recollidas en boletíns oficiais, a través do servizo galego de colocación e en paxinas de emprego contrastadas serán publicadas directamente.
- As ofertas de entidades con demostrado bagaxe e recoñecemento do Traballo Social. cólganse tamén directamente independentemente de cal sexa a vía pola que cheguen.
O resto de ofertas de traballo poderán ser obxecto :
- No momento en que xurdan dubidas sobre calquera cuestión fundamental das condicións da oferta, o COTSG poderá eliminalas sen ningún tramite previo.
- O obxectivo deste servizo é manter informadas ás persoas colexiadas sobre as ofertas laborais en Traballo Social, polo que calquera acción que se realice na xestión das mesmas estará dirixida a salvagardar os dereitos das mesmas.
LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADES
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro, inexactitude ou irregularidade nas ofertas de emprego publicadas na súa páxina web, con todo, non garante nin se responsabiliza da información proporcionada polas empresas ou entidades nin da calidade das ofertas publicadas polas mesmas. En todo caso, se o COTSG tivera coñecemento efectivo da falsidade ou ilicitude da información publicada nalgunha oferta de emprego, procederá a súa inmediata supresión.
Ofertas de emprego privadas
Ofertas publicitadas e/ou achegadas polo sector privado
Convocatorias emprego público
Convocatorias de emprego público (Ofertas de Emprego Público, procesos selectivos Administración Estatal, Autonómica e Local, Deputacións Provinciais, Universidades)
Ofertas de emprego autónomo
Ofertas de emprego para persoas autónomas
Outras ofertas
Ofertas de emprego que non requiren de titulación de traballo social-diplomatura/grao
Información xeral sobre os procesos selectivos
Información de referencia sobre a os diferentes procesos selectivos e listaxes de contratación temporal da Administración Pública (normativa, teléfono de contacto…)
Academias preparación oposicións Traballo Social
Descontos para colexiados/as
Descarga o listado de Academias
Áreas profesionais/Ámbitos de intervención
Segundo se recolle no Libro Blanco – Título de Grao en Traballo Social da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e da Acreditación, as Áreas profesionais son:
Asistencial
Preventiva
Promocional -educativa
Mediación
Transformadora
Planificación e avaliación
Rehabilitación
Planificación, análise de procesos sociais...
Xerencia e administración
Investigación e docencia
En canto aos ámbitos de intervención pódense indicar, segundo o Libro Blanco, os seguintes: Servizos Sociais Básicos e especializados (atención por colectivos), Saúde (atención primaria, hospitalaria, domiciliaria, saúde mental, drogodependencias, infanto/xuvenil, etc.), Educación (regrada e non regrada), Xustiza (Xulgados, Inst.Penitenciarias, Oficinas de atención ás vítimas), Empresa, Vivenda, Terceiro sector e Formación e asesoramento.
Novos ámbitos:
Márqueting social, atención a situación de catástrofes e emerxencias, peritaxe social, counseling, terapia familiar e mediación, xestión e dirección de servizos e equipamentos sociais, Traballo social clínico, supervisión, etc.
Máis información
Se precisas máis información sobre algunha das ofertas publicadas, procesos selectivos ou saídas profesionais podes chamar ao 981568100 – ext.5 ou escribir ao enderezo electrónico info@traballosocial.gal