Este artigo revisa as principais achegas teóricas e investigacións sobre a empatía e a súa relación co mindfulness, coa finalidade de contribuír ao estudo do desenvolvemento humano saudable. A empatía é un elemento esencial nas relacións interpersoais. Trátase dun constructo que foi evolucionando a nivel teórico e do que cada vez temos un maior coñecemento cientificamente fundamentado. As iniciativas para fomentala, particularmente no ámbito da educación, tiveron resultados moi satisfactorios. Nos últimos anos, o incremento de estudos sobre os numerosos beneficios da práctica de mindfulness –e sobre todo aqueles programas que inclúen a compaixón e a autocompasión- son moi consistentes respecto a a mellora dos vínculos cos demais. Analizar a intersección teórica entre empatía e mindfulness e detectar as necesidades actuais no que se refire á súa investigación é fundamental para avanzar no coñecemento acerca da utilidade do mindfulness como estratexia de intervención encamiñada a fomentar a empatía.
Autoría:Miguel Bellosta-Batalla, Josefa Pérez-Blasco, Ausiás Cebolla e Luis Moya-Albiol, Universidade de Valencia.
Podes acceder ao artigo completo aquí.