[Actualización constante] ELECCIÓNS A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG 2021
Data: Abril 24, 2024

12/11/2021

Despois da publicación definitiva do censo electoral, hoxe publícanse as candidaturas presentadas.

A candidatura presentada faino baixo o lema: “Facemos Traballo Social. Pola defensa do sistema público e a igualdade de oportunidades”.

A continuación, podedes consultar o programa da candidatura ao completo.

Programa Facemos Traballo Social

O periodo de reclamacións a candidatura presentada finalizará o 18 de novembro.

Para a presentación de reclamacións ou ante calquera dúbida deberán utilizarse as canles normalizadas de comunicación co COTSG:

  • Correo electrónico: info@traballosocial.gal
  • Vía telefónica: 981 568 100
  • Presencialmente acudindo a sede: Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas)
    15707 Santiago de Compostela. A Coruña

 

11/11/2021

Unha vez esgotado o prazo de tres hábiles a partir do día 2 de novembro para presentar reclamacións sobre o censo electoral provisional, e emendadas todas as reclamacións recibidas, publícase o censo definitivo.

Para acceder fai clic aquí e accede coas túas credenciais de sempre

02/11/2021

Seguindo os prazos establecidos previamente, hoxe publícase o censo electoral  provisional das colexiadas e colexiados para as próximas eleccións.

Terán dereito a voto as persoas que cumpran os requisitos establecido no artigo 48 dos estatutos:

Artigo 48. Electores/as

1. Terán dereito a voto, segredo e directo, para a elección dos cargos da Xunta de Goberno todas as persoas colexiadas incorporadas ao respectivo colexio, polo menos, un mes antes da convocatoria das eleccións, que estean ao día nas obrigas colexiais, incluída a do pagamento das cotas, sempre que non se achen incursas en prohibición legal ou estatutaria.

Polo tanto terán dereito a voto as persoas colexiadas  de alta e incorporados a data do: 1 de setembro de 2021 (tendo en conta que o día 1 de outubro se realizou a convocatoria de eleccións).

Haberá un periodo de 3 días hábiles para poder presentar reclamacións a esta listaxe de colexiadas e colexiados con dereito a voto, polo que este periodo finaliza, polo tanto, o día 5 de novembro. 

Para a presentación de reclamacións ou ante calquera dúbida deberán utilizarse as canles normalizadas de comunicación co COTSG:

  • Correo electrónico: info@traballosocial.gal
  • Vía telefónica: 981 568 100
  • Presencialmente acudindo a sede: Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas)
    15707 Santiago de Compostela. A Coruña

Por motivo da protección de datos, achegamos, restrinxido para colexiadas/os, unha listaxe de electores/ as onde só aparece o nº de colexiado/a.

Podes consultar a lista, logeándote como sempre aquí.