Día Mundial do Traballo Social 2026
Data: Novembro 27, 2025

Estamos entrando no último mes do ano 2025, e comézamos a planificar o ano 2026. A Federación Internacional de Traballo Social, da que formamos parte a través do Consello Xeral adianta o lema e o cartel do próximo Día Mundial do Traballo Social que se celebrara o 17 de marzo. ” Co-construíndo esperanza e harmonía: Un chamamento Harambee para xuntar unha sociedade dividida”. Este lema que se inspira na filosofía africana de Harembee, é unha chamada colectiva á unidade, apoio mutuo e a responsabilidade compartida. A cooperación, a solidariedade e a cocreación son máis necesarias que nunca nun mundo fracturado por conflitos, desigualdades, xenocidios, desprazamentos e crises ecolóxicas.

Joachim Mumba , presidente de la FITS, declarou: « Os traballadores e traballadoras sociais están presentes en tódolos ámbitos da sociedade, acompañando ás comunidades na súa loita contra a adversidade. Acompañamos ás persoas na reconstrución dos vínculos, a recuperación da confianza e do fortalecemento da resiliencia. O chamamento a levantar esperanza e harmonía xuntos lémbranos que ningún desafío é demasiado grande cando progresamos xuntos. Este é o espírito da Carta dos Pobos por un Mundo Ecosocial: unha invitación a conectar á humanidade a través de valores, responsabilidade e esperanza compartida. Ínstanos a traballar colectivamente por un mundo onde a dignidade, a participación, a sostibilidade e a paz constitúan a base do noso futuro común».