Día Mundial do Traballo Social 2025
Data: Marzo 18, 2025

Hoxe, 18 de marzo de 2025 celébramos o Día Mundial do Traballo Social, que este ano xira en torno ao “Fortalecemento da solidariedade interxeracional para un benestar duradeiro”

Esta data conmemora o compromiso, a contribución e a labor dos/as nosos/as profesionais como coñecedores/as de primeira man da realidade social, líderes do cambio e da intervención social, e impulsores da loita e a garantía dos dereitos sociais da cidadanía. E máis que nunca este día débese dar aos/as profesionais do Traballo Social o sentido de recoñecemento e orgullo que se merecen. Ademais nos brinda esta oportunidade anual para que todas as organizacións do Traballo Social promovamos o seu importante papel e o da profesión. Apostamos por incrementar a nosa presenza no ámbito comunitario, buscando solucións locais desde o enfoque do desenvolvemento social local. Pero tamén desenvolvemos alianzas para buscar solucións globais ante problemas globais.

Podes acceder ao texto completo no seguinte enlace https://traballosocial.gal/wp-content/uploads/2025/03/DMTS2025.pdf