O día 8 de abril celebrase o día internacional do pobo xitano dende o ano 1971. Este día intentamos facer presente a cultura, a historia e a realidade social destas persoas.
Este ano celebrase, ademais, os 600 anos da chegada deste colectivo á península, a través do reino de Aragón. 600 anos nos que o respecto e a integración non estiveron sempre presentes na relación con este colectivo. A realidade é que despois de 6 séculos aínda se dan situacións de exclusión e racismo, á vez que se traballa para que a inclusión e a valoración sexan a norma.
O Traballo Social ten relación co pobo xitano dende o seu nacemento en España. Os problemas sociais que crearon a incomprensión e marxinación das persoas xitanas foron obxecto de intervención durante décadas para traballadores e traballadoras sociais, e moitos dos avances sociais foron acompañados pola nosa intervención profesional.
Despois destes 600 anos de convivencia é un bo momento para darlles a benvida, e comprometernos todos e todas en superar calquera dificultade que poida xurdir na convivencia.
Podes visitar a páxina da Fundación Secretariado Xitano, onde podes atopar información e materiais conmemorativos deste día.