DÍA INTERNACIONAL DA/DO MIGRANTE
Data: Decembro 21, 2024

Día 18 de decembro,  polos dereitos, a dignidade e o benestar de todas as persoas migrantes. 

 

No Día Internacional do/da Migrante reflexionamos sobre o impacto positivo das migracións nas nosas sociedades e reafirmamos o noso compromiso cos dereitos, a dignidade e o benestar de todas as persoas migrantes.

Desde o COTSG, destacamos a importancia de traballar por unha sociedade que acolla, respecte, integre e valore a diversidade cultural, entendendo que migrar ademais dun dereito, case sempre é unha necesidade, e unha oportunidade para fortalecer  as nosas comunidades dende a diversidade :

– Defender os dereitos humanos das persoas migrantes en todas as etapas do seu proceso migratorio.
– Promover políticas públicas baseadas na xustiza social e a igualdade de oportunidades.
– Combater a discriminación, o racismo e a xenofobia desde a educación e o traballo comunitario.

-Favorecer con medidas concretas e dotadas orzamentariamente a integración social das persoas migrantes e das súas familias, con especial atención á infancia, son o noso futuro, e ás persoas vulnerables.

#DíaDelMigrante #TrabajoSocial #DerechosHumanos #Inclusión #Diversidade