Día internacional contra do Bulling ou acoso escolar.
Data: Abril 29, 2025

Dende 2011 e por iniciativa de diversas entidades que representan familias, celebrase internacionalmente o día contra do bullying e o acoso escolar o 2 de maio de cada ano. O obxectivo que se persigue é concienciar sobre os riscos do acoso escolar na nenez  e mocidade, así como buscar os mecanismos para evitar estas situacións que para as persoas en idade escolar son de autentico perigo.

Dende o Traballo Social Educativo sumámonos a celebración deste día, xa que o acoso escolar é a ameaza mais grave para o benestar, a saúde e vida do alumnado, e consideramos que a atención social no sistema educativo é básica para abordalo. Cando se da unha situación de Bullying hai que actuar de xeito eficaz e restablecer a convivencia atendendo  ás persoas acosadas, pero tamén ás persoas acosadoras e ao resto do alumnado. Non se trata de buscar culpables, senón de atender ás persoas. As problemáticas sociais, familiares e persoais que non teñen atención adecuada nos centros educativos poden desenvolver conductas violentas e agresivas, por iso a atención social é un elemento básico da prevención desta praga.

Video