Día do orgullo LGBTIQ+
Data: Xuño 27, 2025

O 28 de xuño celebrase todos os anos o día do orgullo LGBTIQ+, Neste 2025 á  Federación Estatal Lgtbi+ (Felgtbi+)  escolleu como lema “20 anos avanzando en dereitos; nin un paso atrás” para facer referencia ao aniversario dos 20 anos de aprobación da lei que permite o matrimonio igualitario en España. O paso atrás, fai referencia a alarmante regresión  dos dereitos do colectivo a nivel internacional e tamén a nivel estatal, e para combatelo chama á mobilización firme e constante a través dos actos e manifestacións convocados en case todas as cidades.

O termo orgullo da mobilización ven acuñado dende o seu nacemento, cando a policía facía redadas nos bares frecuentados por persoas homosexuais, que eran detidos e agredidos polo feito de estar alí. Converter a vergoña por ser homosexual inculcada pola sociedade patriarcal no orgullo de vivir en harmonía cos sentimentos e desexos de cada persoa é o motor desta celebración. Dende sempre esta data desatou as criticas dos sectores máis reaccionarios, e os conseguintes discursos de odio, larvados ou implícitos.

Facerlle fronte aos discurso de odio é tarefa de toda a sociedade, e o Traballo Social como profesión fundamental para as nosas comunidades situase na liña do fomento da convivencia e a integración das persoas no día do orgullo lgbtiq+