Día da igualdade salarial
Data: Febreiro 23, 2026

O día 22 de febreiro foi o promovido polo Instituto de las Mujeres como día da igualdade salarial en España dende o ano 2010. Nestes anos hai unha diminución da fenda salarial entre homes e mulleres, pero non desapareceu. No ano 2026 hai un 17% de diferencia nas percepcións salariais entre homes e mulleres.

Para este ano focalizase a atención sobre o impacto que o SMI exerce sobre a fenda salarial de xénero. As mulleres están concentradas en profesións con menos valoración e peor pagadas,  por iso as melloras do SMI repercuten na diminución desta diferencia.

Isto, relacionase coa dimensión social do fenómeno: os salarios nas profesións feminizadas. No Traballo Social sabemos moito disto, e segue a ser unha realidade os baixos ingresos dos sectores onde se desenvolvemos a nosa actividade. Esta desvalorización non é so económica, xa que ten repercusións na auto percepción profesional e no recoñecemento social, e todo xunto na autoestima. É por isto, que esta loita é NOSA de xeito colectivo.

DOCUMENTO: La brecha retributiva entre mujeres y hombres: causas, evolución y consecuencia