Defensa da Profesión: o Concello da Laracha inclúe ao Traballo Social nun proceso selectivo tras un recurso do COTSG
Data: Novembro 25, 2024

O Concello da Laracha modificou as bases dun proceso de selección para unha praza de orientador/a prospector/a laboral tras estimar o recurso presentado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG).  

O Colexio advertira que non se incluíra a titulación de Traballo Social entre aquelas que dan acceso a esta praza. Tras o recurso presentado polo COTSG, no marco do seu programa de Defensa da Profesión, o Concello rectificou as bases do proceso.