Defensa da Profesión

Defender, velar, crer, querer, contribuir, avanzar, representar, garantir, comprometer, potenciar, apostar, visibilizar, profesionalizar…  

O Colexio  defende a profesión; vela por ela e polo benestar do colectivo.

Defende o exercicio profesional nas súas distintas áreas, busca que ocupe o lugar de recoñecemento que se merece, contribúe a unha maior profesionalización, identidade e boa praxe e crea un espazo sinérxico de participación e reivindicación entre todos/as os/as profesionais que formamos parte. 

A defensa da profesión está presente nos seguintes eixos estratéxicos (sempre en coordinación coa Asesoría Xurídica do COTSG)

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO sobre:

Como consecuencia diso a organización colexial de Traballo social realiza continuas actuacións en múltiples vertentes:

  • Actuacións ante as diferentes administracións públicas, en relación a asuntos que afectan a profesionais do Traballo social, normativas legais, etc.
  • Interposición de accións xudiciais ante actuacións que afecten os intereses dos profesionais do Traballo social.
  • Elaboración informes e propostas aos diferentes organismos públicos.
  • Elaboración de informes e propostas en relación a políticas públicas.
  • Representación da profesión ante as diferentes Administracións públicas e entidades privadas.

Máis información no teléfono 981568100 ou no enderezo electrónico info@traballosocial.gal
Para dirixirse directamente á Asesoría Xurídica acceder aquí