Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) recórdase que a cota colexial é deducible na declaración da renda (modelo D-100 da Axencia Estatal de Administración Tributaria). Isto débese a que a colexiación é obrigatoria para exercer como profesional do Traballo Social. Para poder deducir a cota na declaración, non é necesario obter ningún certificado no COTSG. Simplemente, na páxina dedicada a rendementos do traballo, indicaranse as cotas satisfeitas ao COTSG en 2022 na casilla “Cotas satisfeitas a colexios profesionais”.
Deducir a cota colexial na declaración da renda 2022
Data: Novembro 25, 2024