Declaración tolerancia e respecto fronte ao discurso de odio e aporofobia.
Data: Novembro 13, 2025
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia acordou sumarse hai unhas semanas á declaración impulsada por EAPN Galicia. Esta declaración ten como obxectivo promover a tolerancia e o respecto, e denunciar os discursos que promoven o odio e o desprezo das persoas máis desfavorecidas socialmente. Ë a reacción ante a normalización e virilización de mensaxes que discriminan e criminalizan ás persoas en situación de pobreza.
Esta declaración busca:
  • Rexeitar discursos que sementan odio, medo ou discriminación das persoas vulnerables.
  •  Promover unha comunicación baseada no respecto, a igualdade e a xustiza social.
  •  Reclamar ás forzas políticas que asuman a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.
Lembrando que cuestións fundamentais como:
“As persoas non son culpables da súa pobreza.”
“Ninguén é culpable do seu sufrimento.”
“Ningunha persoa é inútil.”
Lee a declaración completa AQUI
Podes acceder a máis información e ver a listaxe das entidades que asinaron esta declaración neste ENLACE