Decálogo da Protección de menores en Galicia

A Comisión de familia e infancia do COTSG, tras elaborar unha diagnose sobre a política de protección de menores na nosa CC.AA.  DENUNCIA: 

  1. A ausencia dunha politica clara de proteccion á infancia e á familia
  2. Os graves déficits na política social, con ausencia de procedementos, planificación, coordinación nos distintos niveis de intervención.
  3. A existencia de medidas asistencialistas, que manteñen á marxe a prevención e a intervención social no ámbito comunitario.
  4. Recursos humanos e materiais infradotados con ratios insuficientes e perfís técnicos non especializados.
  5. Falta de prevención e intervención especializada no ámbito comunitario.
  6. Ausencia de organización homoxénea e directrices unificadas para os equipos de protección nas catro provincias.
  7. Falta de participación e perspectiva do/a menor no proceso de intervención, como suxeito activo e relevante para a toma de decisión que afectarán ao seu desenvolvemento e ao logro do seu benestar persoal, familiar e social.
  8. Externalización de servizos públicos incumprindo a competencia de protección pública do/a menor e dificultando o traballo de enfoque común e coordinado.
  9. Alarmante estado de servizos e equipamentos como os centros de protección ou reforma.
  10. Inacción ante moitas situacións graves e urxentes (por falta de recursos, medo, inseguridade…).