A Comisión de familia e infancia do COTSG, tras elaborar unha diagnose sobre a política de protección de menores na nosa CC.AA. DENUNCIA:
- A ausencia dunha politica clara de proteccion á infancia e á familia
- Os graves déficits na política social, con ausencia de procedementos, planificación, coordinación nos distintos niveis de intervención.
- A existencia de medidas asistencialistas, que manteñen á marxe a prevención e a intervención social no ámbito comunitario.
- Recursos humanos e materiais infradotados con ratios insuficientes e perfís técnicos non especializados.
- Falta de prevención e intervención especializada no ámbito comunitario.
- Ausencia de organización homoxénea e directrices unificadas para os equipos de protección nas catro provincias.
- Falta de participación e perspectiva do/a menor no proceso de intervención, como suxeito activo e relevante para a toma de decisión que afectarán ao seu desenvolvemento e ao logro do seu benestar persoal, familiar e social.
- Externalización de servizos públicos incumprindo a competencia de protección pública do/a menor e dificultando o traballo de enfoque común e coordinado.
- Alarmante estado de servizos e equipamentos como os centros de protección ou reforma.
- Inacción ante moitas situacións graves e urxentes (por falta de recursos, medo, inseguridade…).