Decálogo da Protección da Infancia en Galicia
Data: Abril 26, 2024

 A Comisión de familia e infancia do COTSG fixo público ao longo do mes de xuño unha diagnose sobre a política de protección de menores en Galicia, destacando a inexistencia dunha política clara de protección á infancia e á familia. A análise artéllase nun decálogo que recolle as principais eivas detectadas en base á experiencia directa con menores e familias.

A entrada en vigor, o pasado venres 25 de xuño, da Lei Orgánica de Protección da Infancia reforza o marco sobre o que levar a cabo unha intervención social neste ámbito pero enfróntase ás carencias crónicas que a protección da infancia presenta en Galicia. Unha situación que pon en risco a efectividade real da normativa.

Accede ao Decálogo aquí.