Terapia familiar. Curso 2022/2023
Organiza: Cambio-Vigo, Centro de Formación en Terapia Familiar
Duración:

Prezos

5
Colexiadas en activo:
5
Colexiadas en desemprego:
5
Non Colexiadas:

Ofrecen varios programas formativos esencialmente prácticos, organizados por niveis, que capacitan para a práctica da Terapia Familiar. A parte práctica consiste en xogo de roles, a participación no traballo clínico como integrante do equipo e como terapeuta de casos en vivo, e do visionado doutros gravados. A parte teórica consiste na lectura, exposición e discusión de material bibliográfico e discusións vinculadas aos propios casos. A formación complétase con seminarios monográficos impartidos por docentes externos.

Formación acreditada pola Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia e pola Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar, de forma que o programa completo permite obter os títulos de Terapeuta Familiar e Experto/a en Intervencións Sistémicas, aínda que se poden realizar cursos de forma independente.

As datas e  ponentes dos seminarios anunciaránse en breve.

+info: 986 29 56 21 | psicoestudio@psicoestudio.com | 986 471 439 | karmapsicologia@mundo-r.com