Cotización retroactiva polo tempo de prácticas.
Data: Maio 2, 2025

O Consejo General infórmanos  de que a Seguridade Social estableceu un novo convenio especial que permite que as persoas que fixeron prácticas formativas ou académicas externas no pasado poidan recuperar ate 1.825 días (5 anos)  de cotización. Esta medida pretende recoñecer e computar o períodos de formación que non se tiñan en contas para a xubilación e outras prestacións da Seguridade Social.

PODEN BENEFICIARSE:

As persoas que fixeron prácticas formativas ou académicas  externas que  non cotizaban en aquel momento. Concretamente:

  • Prácticas non remuneradas: Realizadas antes do 1 de xaneiro de 2024.
  • Prácticas remuneradas: Realizadas antes do 1 de novembro de 2011.

Dende o 1 de xaneiro de 2024, todas as prácticas formativas, remuneradas ou non, están dentro do sistema da Seguridade Social.

Prazo para solicitar a inclusión neste convenio

O prazo para subscribir este convenio é dende o 1 de xuño de 2024 ate o 31 de decembro de 2028.

Procedemento 

  1. Recompilar o historial de prácticas:  certificados de empresas, universidades ou centros educativos que acrediten a realización das prácticas, incluíndo datas de inicio e fin, e o número total de días.
  2. Consulta coa Seguridade Social: Obter información actualizada sobre o convenio especial e as bases de cotización aplicables.
  3. Formalización da solicitude: Presentar a documentación requirida a través da Sede Electrónica da Seguridade Social ou nas canles habilitados.

Custo da cotización

O cálculo da cota para recuperar as cotizacións farase tendo en conta:

  • Base de cotización: Utilizase a base mínima do grupo 7 do Réxime Xeral da Seguridade Social vixente no ano no que se realizaron as prácticas.
  • Tipo de cotización: Aplicarase o tipo vixente para continxencias comúns  no momento do cálculo.
  • Coeficiente redutor: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,77 ó resultado anterior

Esta iniciativa permite ós e ás traballadoras mellorar o seu  historial de cotización, o que pode influír positivamente no cálculo de futuras prestacións, como a xubilación. É unha oportunidade para recoñecer e valorar o tempo dedicado á formación profesional e académica.

 

BOE que contén esta REGULACIÓN.