Cotas Colexiais 2022. Modalidade Pago Único Adiantado
Prazo: ata o 18 de febreiro de 2022
Ao longo da última semana de febreiro, vaise tramitar a remesa de recibos relativos ao pago adiantado febreiro 2022
Os importes son os seguintes:
COTA ORDINARIA PAGO ÚNICO 2022: 135,00 €
COTA COLEXIAL REDUCIDA PAGO ÚNICO 2022: 67,50 €
COTA COLEXIAL REDUCIDA PAGO ÚNICO 2022:
Poderán solicitala as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
1. Persoas en desemprego. Enténdense incluídas as Bolseiras/os.
2. Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
3. Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 Titulado/a Universitario/a Medio.
4. Persoas Colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma/o.
Para solicitar a cota reducida correctamente debedes seguir as seguintes instrucións:
1º Remitir a solicitude antes do 18 de febreiro de 2022 (A solicitude está en formato formulario web):
2º Achegar xunto coa solicitude o informe de vida laboral. Este informe de vida laboral, pode solicitarse na web da Seguridade Social O informe de vida laboral ten que ser recente e actualizado.
- A documentación deberá ser remitida ao correo electrónico info@traballosocial.gal ou ao nº de fax 981 941 898, ou ben por correo postal
- No caso de ter algunha dúbida poñerse en contacto co colexio en info@traballosocial.gal ou no 981 568 100
Recordade: O prazo de recepción de documentación remata o 18 de febreiro de 2022. Toda aquela documentación recibida fóra destes prazos non terá validez para a aplicación da cota reducida.
As persoas que teñades que facer algún cambio nos vosos datos, debedes comunicárnolo canto antes.